Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Novas

Novas
Blog

Nova Programación da Aula CeMIT para Maio!

Arzúa 2 de maio de 2024: Este mes de maio, a Aula CeMIT de Arzúa ofrece unha serie de cursos e obradoiros deseñados para mellorar as túas habilidades tecnolóxicas e facerche máis competente no mundo dixital. Non perdas a oportunidade de aprender e avanzar coa seguinte programación: Introducción á ofimática:

Ler Máis >>
Novas
Blog

Regresa a Aula CeMIT a Arzúa

Arzúa, 29 de abril 2024 — Desde hoxe a veciñanza do Concello de Arzúa pode desfrutar de novo da Aula CeMIT, un servizo público esencial destinado a responder ás necesidades tecnolóxicas e educativas da veciñanza. As instalacións da aula estarán novamente dispoñibles para aquelas e aqueles interesados en ampliar os

Ler Máis >>
Novas
Axenda

Programación cultural «Primavera de Cultura» (abril e maio 2024)

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, dirixido polo concelleiro José Luís García, organiza unha programación de actividades para os meses de abril e maio baixo o título Primavera de Cultura. Trátase dun programa de actividades gratuítas e para todos os públicos que conta con propostas arredor do Día

Ler Máis >>
Novas
Blog

A Ruta das Corredoiras de Arzúa recupera unha rede de corredoiras na contorna da parroquia de Pantiñobre

O Concello de Arzúa, a través da súa concellaría de Turismo, complácese en anunciar a finalización do proxecto da Ruta das Corredoiras, unha iniciativa que recupera unha rede de antigas corredoiras nos arredores da parroquia de Pantiñobre, nun esforzo por enriquecer o turismo activo no interior de Galicia. Esta ruta, cun percorrido circular de 15 quilómetros, ofrece aos visitantes a oportunidade de mergullarse na exuberante beleza paisaxística do entorno rural de Arzúa. Partindo desde a céntrica Praza de Galicia, os excursionistas poden desfrutar dun percorrido que remata no mesmo punto de inicio. A concelleira de Turismo, Begoña Balado, destacou a integralidade deste proxecto, resaltando que “grazas a esta iniciativa, recuperamos unha importante rede de corredoiras nos arredores da parroquia de Pantiñobre”. Estas corredoiras, que caeran en desuso, conservaban a súa morfoloxía orixinal, flanqueadas por ringleiras de carballos. Balado enfatizou que “as corredoiras formaban par- te do mosaico agrario clásico galego, desaparecido en gran parte do país, polo que nos enorgullece este traballo de recuperación e posta en valor”. Esta proposta súmase a outras iniciativas turísticas en Arzúa, como a Fervenza das Hortas, co obxectivo de posicionar á localidade como un destino de turismo activo no interior. “Somos un des- tino verde e esta ruta contribúe a fortalecer e visibilizar o rico entorno paisaxístico que posúe a nosa vila”, afirmaron desde o goberno

Ler Máis >>